Condicións de uso
Última actualización: 24 de novembro de 2026
Quen está detrás
Oh! Noso é un medio local en galego, comarca a comarca. Estas condicións valen para as súas webs e para o parte que manda cada unha das súas cabeceiras, como Oh! Carballiño. O titular é:
- Titular: Roberto J. Pérez Andrés
- Enderezo: Lugar Veiga, 26, O Carballiño (Ourense)
- Correo electrónico: [email protected]
Que facemos
Cada cabeceira de Oh! Noso manda cada mañá o parte: unha mensaxe de WhatsApp co tempo, os avisos e que facer na súa comarca. As webs serven para explicalo e para que te apuntes.
O servizo é de balde. Usar as webs ou recibir o parte supón aceptar estas condicións.
Como funciona a comunidade de WhatsApp
- Entras ti, pola ligazón que che damos. Nós non engadimos a ninguén.
- Só os administradores poden mandar mensaxes. Non é un grupo de conversa.
- Podes saír cando queiras, desde o propio WhatsApp.
- WhatsApp é un servizo alleo a nós. Para usalo tes que aceptar as súas propias condicións.
A información que damos
Preparamos o parte con coidado e a partir de fontes que comprobamos. Aínda así, pode haber erros ou cambios de última hora: un acto que se suspende, un horario que cambia ou unha farmacia de garda que se substitúe.
Antes de tomar unha decisión importante, confirma o dato na fonte oficial. Se ves un erro, avísanos e corrixímolo.
Non respondemos dos danos que poida causar o uso da información do parte sen comprobala, nin do contido das webs alleas ás que enlazamos.
Cando alguén nos paga por un contido, dicímolo.
De quen son os contidos
Os textos, o deseño, o nome e os logotipos de Oh! Noso e das súas cabeceiras son do titular ou úsanse con permiso.
Podes reenviar o parte tal e como chega, enteiro e sen cambialo: para iso está. Para calquera outro uso, como copialo noutro medio, usalo con fins comerciais ou cambiarlle o contido, precisas o noso permiso por escrito.
O que nos contas
Se nos mandas un aviso, unha foto ou unha información por privado, podemos usar ese material para preparar o parte. Non publicamos o teu nome nin a túa imaxe sen o teu permiso.
Manda só material que sexa teu ou que poidas compartir.
Os teus datos
Na política de privacidade explicamos que datos tratamos e para que.
Cambios e lei aplicable
Podemos cambiar estas condicións. A data da última versión aparece ao comezo desta páxina.
Estas condicións réxense pola lei española. Se es consumidor, os xulgados competentes son os do teu domicilio.