Política de privacidade
Última actualización: 24 de novembro de 2026
Quen é o responsable
O responsable do tratamento dos teus datos é:
- Titular: Roberto J. Pérez Andrés
- Enderezo: Lugar Veiga, 26, O Carballiño (Ourense)
- Correo electrónico: [email protected]
As nosas webs non recollen datos teus
As webs de Oh! Noso non teñen formularios, non usan cookies e non cargan nada de terceiros: nin estatísticas, nin publicidade, nin botóns de redes sociais.
As webs están aloxadas en Cloudflare. Como calquera servidor, ao servir as páxinas trata datos técnicos da conexión, como o enderezo IP, para que as webs funcionen e para protexelas de ataques. Cloudflare, Inc. actúa como encargada do tratamento e está adherida ao Marco de Privacidade de Datos UE-EUA.
Que datos tratamos cando usas WhatsApp
- Se nos escribes por WhatsApp: o teu número de teléfono, o nome e a foto do teu perfil e o que nos mandes.
- Se entras na comunidade dunha cabeceira: o teu número de teléfono e o nome do teu perfil, que ven os administradores. Tal e como funcionan as comunidades de WhatsApp, os demais membros non ven o teu número.
Non pedimos máis datos, non elaboramos perfís sobre ti e non usamos o teu número para outra cousa.
Para que os usamos e con que base legal
- Para mandarche o parte e levar a comunidade. A base é o teu consentimento, que dás ao entrar e que retiras ao saír (artigo 6.1.a do Regulamento Xeral de Protección de Datos).
- Para responder ao que nos escribes e preparar o parte co que nos contas. As bases son o teu consentimento, que dás ao escribirnos, e o noso interese lexítimo en informar (artigos 6.1.a e 6.1.f).
Canto tempo os gardamos
- Na comunidade, mentres sigas dentro. Ao saír, o teu número deixa de estar nela.
- As conversas, mentres faga falta para atender o que nos contas ou para xustificar unha información publicada. Podes pedirnos que as borremos antes.
Con quen se comparten
Non vendemos nin cedemos os teus datos a ninguén, salvo que unha lei nos obrigue. Só ven os teus datos as persoas de Oh! Noso que levan a comunidade (os administradores).
WhatsApp é un servizo de WhatsApp Ireland Limited, que trata os teus datos segundo a súa propia política de privacidade e pode transferilos fóra do Espazo Económico Europeo.
Non revelamos quen nos pasa unha información se non nos dá permiso.
Os teus dereitos
Podes pedirnos acceder aos teus datos, corrixilos, borralos, limitar ou rexeitar o seu uso e levalos a outro servizo. Tamén podes retirar o teu consentimento cando queiras.
Para facelo, escríbenos a [email protected] ou por correo postal ao enderezo do responsable, e dinos que dereito queres exercer. Respondemos nun mes como máximo. Se temos dúbidas sobre quen fai a petición, podemos pedirche que demostres que es ti.
Se cres que non tratamos ben os teus datos, podes reclamar ante a Axencia Española de Protección de Datos, en www.aepd.es.
Menores
O parte non está pensado para menores de 14 anos. Se tes menos de 14 anos, non nos mandes datos sen o permiso de teu pai, de túa nai ou de quen te teña ao seu cargo.
Cambios
Podemos cambiar esta política. A data da última versión aparece ao comezo desta páxina.